En un océano de manipulación navegantes antimilitaristas se encuentran en una isla virtual de desobediencia, noviolencia y construcción de la Paz
Secciones
> Campañas
  Objeción Fiscal al Gasto Militar
  Desobedece a las guerras
  Contra la I+D Militar
  Comercio y producción de armas
  Juguete bélico
  Feminismo y antimilitarismo
  Locales
  Varios
  Banca
  Educación para la paz
  La guerra empieza aquí. Parémosla desde aquí
  Recortar lo militar
  Contrarreclutamiento
> Observatorio de conflictos
  Iraq
  Palestina
  Colombia
  EEUU
  Guerra y mujeres
  Infancia y guerra
  Varios
  Afganistán
  Libia
  Costa de Marfil
  Siria
  Mali
  Sáhara Occidental
  Ucrania
  Turquía
> Informativa
  Movimiento 15M
> Documental
  Talleres
  Historia del antimilitarismo
  Noviolencia
  Objeción de conciencia
  Recursos gráficos
  Recursos multimedia
  Teoría política
  Represión
  Medio Ambiente
  Mujeres y antimilitarismo
  Anticapitalismo
  Instituciones militares
  Varios
  Intervencionismo humanitario y misiones de paz
> Cajón de sastre
  Humor
  Creación
  Comentarios gráficos
  Contactos
  Varios
> Solidaridad entre los pueblos

Magosto Antimilitar «Castañas non Bombas» el 12 de diciembre en Vigo

Espazo Aberto Antimilitar - nonaogastomilitar.org

Sección:Objeción Fiscal al Gasto Militar
Viernes 4 de diciembre de 2009 0 comentario(s) 1176 visita(s)

O Espazo Aberto Antimilitar convídavos a celebrar un Magosto Antimilitar baixo o lema «Castañas non Bombas» que terá lugar o sábado 12 de decembro a partires das 18h00 na Praza da Princesa. Na festa non faltará música, información e como non castañas, bebida...

Achegamos o texto que repartiremos no magosto: «Virán tempos peores e nos farán máis cegos»

- - - - - - - -

«Virán tempos peores e nos farán máis cegos»

“Se digo que tal ou cal cousas non me gustan estou a protestar. Se me preocupo mesmo porque iso que non me gusta non volte a ocorrer, estou a resistir. Protesto cando digo que non sigo colaborando. Resisto cando ocúpome de que tampouco os demais colaboren”.

Da protesta á resistencia, Ulrike Meinhof, Konkret nº5, (1968)

 

Se as palabras serven para designar o mundo tal cal é, a palabra guerra debería designar a barbarie e non outra cousa. Pero posto que xa nada é o que parece, a guerra ben podería incorporarse ao noso vocabulario como unha das tantas maneiras de citar o progreso.

É entón cando a guerra equipárase á democracia ao estremo de ser unha e a mesma cousa. Unha democracia máis preocupada por estender o seu dominio absoluto sobre aquelas sociedades consideradas atrasadas que por facerse útil aos ollos dos nosos contemporáneos.

Así o sinnúmero de conflitos bélicos que a día de hoxe marchan sobre a vida de millóns de persoas ao longo e ancho dos cinco continentes, responderían mellor a unha cuestión de carácter humanitaria, segundo o parecer dunha ONU transmutada en oficina de recrutamento militar, que non a unha estratexia común en materia expansionista.

En efecto o plano artellado desde o Pentágono, máis coñecido por Operación Liberdade Duradeira, tiña por obxecto crear as condicións óptimas para o advenimento da democracia parlamentar en Afganistán, mediante o sometemento da poboación a todo tipo de medidas arbitrarias tras o espectáculo televisado do 11-S. Nembargante nada disto sería posíbel facer pasar por verídico por canto a ingobernabilidade dos territorios afgás é unha cuestión de dominio público a estas alturas do enfrontamento, que xa conta por centos as baixas no bando da chamada Coalición. A violencia sería algo así como o estado natural de Afganistán, a teor da propaganda oficial.

Con todo a incorporación de novas levas non cesa no seu papel de garantes da orde. Dun continxente total de 64500 soldados de diversa procedencia, encadrados no que se deu en chamar ISAF baixo mando da OTAN, as tropas españolas aportan un milleiro ás que cedo haberá que engadir un número indeterminado de efectivos adscritos á Guarda Civil repartidos pola provincia de Herat. Cifra unicamente superada polas tropas desprazadas até o Líbano no que vai de ano. Podemos entón intuír que o significativo dos números garda íntima relación co significativo do problema.

A complexa realidade que supón Afganistán para as potencias occidentais, parello a un operativo militar de proporcións descomunais, acrecenta as dificultades xa existentes para os propios ocupantes: intereses xeoestratéxicos, control dos recursos enerxéticos, imposición de rexímenes totalitarios, inxerencias en países veciños, monopolio da produción e tráfico do opio e derivados, dar saída ao inxente stock de armamento ademais de experimentar novos prototipos deseñados pola industria de guerra, ensaiar sobre o terreo tácticas de contrainsurxencia incluída a tortura sistemática… En resumo socializar o terror co único fin de deshumanizar as relacións sociais, de por sí adulteradas grazas a unha xestión eficaz do fanatismo relixioso. Este é o sentido das guerras modernas, disolver os saberes e costumes co seu so contacto até volvelos irrecoñecíbeis.

Para mellor ou para peor a guerra na actualidade é a medida de todas as cousas. Todos os aspectos do desenvolvemento técnico da nosa época concéntranse arredor dela e a súa aplicación. De aí que a reconversión dos exércitos en empresas sinale o ocaso da súa forma clásica pero anuncie o retorno da economía de guerra a un primeiro plano da escena mundial, subordinada sempre ás necesidades de acumulación que a ideoloxía do poder precisa en cada momento. Mais Afganistán tamén é o exemplo acaído de cómo o uso capitalista da guerra pode dar lugar a unha resposta contraria á mesma, en tanto que expresión práctica do movemento xeral das conciencias.

http://nonaogastomilitar.org/

Comenta este artículo   Volver arriba

Nota: los comentarios ofensivos podrán ser eliminados según nuestros criterios de moderación

   
Volver a la página Principal
Ver comentarios
Spip Sitio desarrollado con SPIP v1.9.2 , un programa Open Source escrito en PHP bajo licencia GNU/GPL.
Licencia de Creative Commons Esta obra está bajo una licencia de Creative Commons, mientras no se indique otra cosa.